Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2013/0137-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por medio da presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2013/0137-4.

Acta: I362013000056561.

Empresa: Sirmaycon 2001, S.L.U.

NIF: B-36590115.

Enderezo: Nores, 20, Casa Cobres (Santo Adrián).

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f) e 29.1 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5.1, 7.10, 39 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 16.9.2013.

Resolución: multa de 3.125 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinalan, xa que noutro caso se incoará o procedemento correspondente pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 25 de outubro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo