Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 170/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMTS, CS avenida Arsenio Iglesias nº 34, polígono de Sabón.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,090 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SBN-714, tramo entre o CS avenida Arsenio Iglesias (expediente 87/07) e o CSI que se retirará (expediente 329/97), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SBN-714, tramo entre o CS1 que se retirará (expediente 329/97) e o CS CEIP Arteixo.

Centro de seccionamento prefabricado, tipo compacto manobra exterior, 4L.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña