Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 174/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT, RBT escolas Culleredo.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea a CT rúa das Paxariñas, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,072 km, con orixe en apoio nº 66 proxectado que substitúe o existente da LMT SBN-717B, no tramo entre a derivada ao CT Tarrío II (expediente 498/2008) e a derivada ao CT Liñares (expediente 30.816), en condutor LA-56/54,6 mm², que substitúe ao existente tipo LA-30, e final en apoio nº 66/2 proxectado que se instalará na LMT SBN-717B, que substitúe o pórtico do CT escolas Culleredo, que se retirará (expediente 27.398), onde se realizará o paso aerosoterrado da LMTS proxectada.

– Liña de media tensión soterrada a CT rúa das Paxariñas, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,023 km, con orixe no paso aerosoterrado que se realizará no apoio nº 66/2 proxectado que se instalará na LMT SBN-717B, que substitúe o pórtico do CT escolas Culleredo, que se retirará (expediente 27.398), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al, e final no CT rúa das Paxariñas proxectado.

– Centro de transformación (CT) prefabricado rúa das Paxariñas, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Saídas da rede de baixa tensión soterrada, con orixe no CT rúa das Paxariñas proxectado, cunha lonxitude de 0,036 km, en condutor XZ1-0,6/1 kV-4(1×240 Al) e final na rede existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña