Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS 20 kV, CT 250 kVA, no lugar de Mariño.
Situación: concello de Porto do Son.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,303 km, con orixe na LMTS PDS-805 «San Fernando-C. Madeiras Orlando 5» (expediente IN407A 239/2004) entre o CT Arbolandia, (expediente IN407A 203/2004) e o CT Urbanización Mariño (IN407A 201/1995) en condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3(1×240) Al e remate na cela do CT Arbolandia, unha vez entre e saía no CT proxectado.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 17 de outubro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña