Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2013/064).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra del Foxo, S.L.

Domicilio social: Torelo, 15, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Denominación: LMTAS Torelo-Careixo.

Situación: Vimianzo.

Características técnicas:

Liña de media tensión aero-soterrada (LMTAS) a 20 kV, con orixe no apoio existente HVH-1600-15 da LMTA Torelo-Reparada (expediente 50.869), o cal se adaptará a apoio de amarre; instalaranse pararraios, curtacircuítos fusibles XS e un paso aero-soterrado, desde o cal se realiza o tendido soterrado en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al + H16, sendo o primeiro tramo de lonxitude 670 m en canalización existente (expediente IN407A 2009/503) e un segundo de 597 m en canalización nova, e final en cela de liña existente no centro de interconexión e seccionamento Careixo existente (expediente IN407A 2003/413).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña