Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, P.S (disposición adicional 1ª Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro; Diario Oficial de Galicia número 16, do 24 de xaneiro), da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-LU-0011/2013-V).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, as resolucións do procedemento.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados, en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen terse presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

P.S. (Disposición adicional 1ª Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro;
DOG nº 16, do 24 de xaneiro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente nº: ANP-LU-0011/2013-V.

Interesado: Manuel Domitilia Carmindo.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo: Outeiro, nº 5, Xía, 27227, Friol (Lugo).