Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44329

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1154/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1154/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Alfonsín Puñal contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

Que estimando a demanda interposta por Jesús Alfonsín Puñal contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de dous mil setecentos sesenta euros con oitenta e dous céntimos (2.760,82 €) e, en tal sentido, debo condenar e condeno a empresa demandada a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboen ao demandante a referida cantidade, así como o xuro de mora do 10 %.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta non poden interpor ningún recurso.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza substituta que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de outubro de 2013