Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44330

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1033/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1033/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Calvo Gil contra a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Ditame:

Que estimando a demanda interposta por José Luis Calvo Gil contra a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade global de dous mil setecentos oitenta e tres euros con setenta e tres céntimos e, en tal sentido, debo condenar e condeno a empresa demandada a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe ao demandante a referida cantidade así como o xuro de mora. Ningunha responsabilidade alcanza ao Fogasa nesta instancia.

Notifíqueselle esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe ningún recurso.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza substituta que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Piedras Rústicas Gallegas, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de outubro de 2013