Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 25 de outubro de 2013 pola que se notifica o trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente 10TIC018E devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), despois de intentar sen éxito a notificación do trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente 10TIC018E no último domicilio social coñecido da entidade Activo Comunicaciones, S.L., procédese á súa notificación por medio de anuncio no taboleiro do concello do último domicilio social coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, reprodúcese integramente o texto do trámite de audiencia:

«Código do proxecto: 10TIC018E.

Título: Nucoma: Novas Comunicacións Marítimas.

Entidade beneficiaria: Activo Comunicaciones, S.L.

Convocatoria: Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 7 de xullo).

Resolución: 13 de decembro de 2010 (DOG do 24 de decembro).

Asunto: trámite de audiencia.

Con relación ao proxecto indicado comunícolle,

1. O artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece:

“Artigo 61. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia”.

2. Con data do 7 de agosto de 2010, a entidade Activo Comunicaciones, S.L. solicita ser beneficiaria dunha subvención correspondente aos programas sectoriais de investigación aplicada, peme I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, cuxas bases de concesión se atopan na mencionada Orde do 6 de xullo de 2010, para a realización do proxecto Nucoma: Novas Comunicacións Marítimas (10TIC018E).

3. Na Resolución do 13 de decembro de 2010 (DOG do 24 de decembro) concédese a Activo Comunicaciones, S.L. unha subvención para a realización do mencionado proxecto, tal e como se indica a seguir:

1ª anualidade

2ª anualidade

3ª anualidade

4ª anualidade

Total

3.376,40 €

45.341,80 €

45.157,20 €

0,00 €

93.875,40 €

4. Con data do 20 de decembro de 2010, Activo Comunicaciones, S.L. acepta a concesión da dita subvención, polo que se lle fai ingreso do anticipo correspondente á primeira anualidade do ano 2010 de 3.376,40 €.

5. Con data do 30 de decembro de 2010, a entidade presenta a documentación xustificativa para o gasto realizado correspondente á anualidade 2010. Comprobada a documentación xustificativa da realización do gasto da mencionada anualidade, fáiselle ingreso do anticipo correspondente á segunda anualidade do ano 2011 de 45.341,80 €.

6. Con data do 15 de decembro de 2011, Activo Comunicaciones, S.L. presenta a documentación xustificativa correspondente á anualidade 2011, a documentación xustificativa do gasto desta anualidade foi comprobada correctamente.

7. Na data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do gasto correspondente á terceira anualidade do ano 2012, 30 de setembro de 2012, Activo Comunicaciones, S.L. non fai presentación da dita documentación.

8. Con data do 14 de decembro de 2012, remítese escrito á entidade Activo Comunicaciones, S.L., concedéndolle un prazo de 10 días, para a presentación da documentación xustificativa da realización do gasto correspondente á terceira anualidade do ano 2012.

9. Con data do 9 de xaneiro de 2013, Activo Comunicaciones, S.L. presenta a documentación xustificativa correspondente á anualidade 2012, en resposta ao escrito mencionado no número anterior.

10. Con data do 30 de maio de 2013, remítese escrito á entidade indicando os defectos emendables detectados na mencionada xustificación e concedéndolle, de acordo co disposto no artigo 46 do Decreto 11/2009, un prazo de 10 días, para emendar as deficiencias sinaladas nel. A documentación requirida consiste nos documentos que a seguir se sinalan:

– Modelo A8 de informe final do proxecto, en soporte físico, asinado polo responsable do proxecto, e en soporte informático.

– Memoria en formato libre, tanto en soporte físico como informático.

– Certificación bancaria do número de conta.

– Certificado do cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, posterior ao 21 de marzo de 2013.

11. Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior, Activo Comunicaciones, S.L., non presenta a documentación requirida.

12. Tendo en conta que a entidade non presentou a documentación xustificativa completa e correcta da subvención concedida dentro dos prazos establecidos e, consecuentemente, non se acreditou correctamente o cumprimento da finalidade que determinou a súa concesión, procede iniciar resolución de revogación da subvención para deixar sen efecto a Resolución do 13 de decembro de 2010 (DOG do 24 de decembro) pola que se adxudican as subvencións correspondentes ás tecnoloxías da información e ás comunicacións, dos programas sectoriais de investigación aplicada, peme I+D e I+D suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, convocadas na Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 7 de xullo) pola que se concedía unha subvención de 93.875,40 € á entidade Activo Comunicaciones, S.L., para a realización do proxecto titulado “Nucoma: Novas Comunicacións Marítimas” (10TIC018E). Este feito implica, en cumprimento do artigo 21.1º da mencionada Orde do 6 de xullo, o reintegro por parte do beneficiario Activo Comunicaciones, S.L. da cantidade que lle foi anticipada en concepto de pagamento da subvención (48.718,20 €) correspondente ás anualidades 2010 e 2011 do proxecto.

Por todo o indicado anteriormente, e antes de proceder a ditar a resolución de revogación, e de acordo co establecido no artigo 84.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de 10 días hábiles para realizar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013. A directora da Área de Crecemento e Valorización. Pilar Morgade Saavedra».

Hai un selo que di: «Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria. Axencia Galega de Innovación».

O que se notifica por medio de anuncio para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación