Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 43962

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

A Resolución do 23 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 149, do 6 de agosto, convoca as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril. Unha vez modificada a relación de membros da Dirección Xeral de Mobilidade, procede reformar a composición do tribunal encargado de cualificar as ditas probas. En consecuencia,

RESOLVO:

1. Nomear como presidenta titular a Mercedes López Caneda.

2. Nomear como vogal titular a Eva Lorenzo Queiro.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013

María del Camino Triguero Salas
Directora xeral de Mobilidade