Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 43963

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de outubro de 2013 pola que se resolve a convocatoria do 16 de maio de 2013, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Unha vez cumpridos os trámites que figuran na Orde do 16 de maio de 2013, DOG do 21 de maio, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

E vista a proposta de adxudicación da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo as previsións dos artigos 5 e 9 da orde de convocatoria e de conformidade co disposto no seu artigo 10,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2013, prazo maio, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; na Oficina de Atención ao Cidadán e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria