Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43943

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO de información pública sobre o texto inicial do convenio urbanístico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Logo de negociado e subscrito o 24 de setembro de 2013 o texto inicial do convenio urbanístico sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro para o desenvolvemento dun ámbito de solo urbanizable, de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de setembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde a última publicación que deste anuncio teña lugar no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

Durante o dito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Dodro, 25 de setembro de 2013

Valentín Alfonsín Somoza
Alcalde