Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43944

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de silos forraxeiros en Vigo de Galegos.

Ricardo López Martínez solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de silos forraxeiros que se situarán en Vigo de Galegos-Láncara. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Láncara, 20 de setembro de 2013

Eladio Capón López
Alcalde