Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre instalación e apertura dun taller de instalación, reparación e mantemento de equipamentos de telefonía en Ledoño.

Gallega de Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dun taller de instalación, reparación e mantemento de equipamentos de telefonía, nunha nave situada na rúa Alcalde José Aldao Limia, nº 9 (parcela 112 do CLT) parroquia de Ledoño. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 15 de outubro de 2013

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo