Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública sobre reforma e ampliación de instalacións de viveiros para mantemento de produtos de mar e instalacións de manipulación, conservación e conxelación, e conexión á rede de sumidoiros en Muíños de Naia (Sigrás).

Novas y Mar Especialidades, S.L. solicitou licenza municipal de apertura para reforma e ampliación de instalacións de viveiros para mantemento de produtos de mar e instalacións de manipulación, conservación e conxelación, e conexión á rede de sumidoiros en Muíños de Naia (Sigrás). En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Cambre, 28 de outubro de 2013

P.D. (R.A. nº 1000, do 17 de xuño de 2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Medio Ambiente