Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador LU-21/2012 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo; Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de outubro de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S.LU-21/2012.

Interesada: M. Carmen Sánchez Bermúdez.

Último domicilio coñecido: O Pedregal, 4-1º B. Viveiro.

Acto de notificación: resolución do expediente sancionador.

Expediente: E.S.LU-22/2012.

Interesado: Andrés Taboada Gómez.

Último domicilio coñecido: O Pedregal, 11-3º B. Viveiro.

Acto de notificación: resolución do expediente sancionador.

Expedientes: E.S..LU-24/2012.

Interesada: Avelina Gómez Fernández.

Último domicilio coñecido: O Pedregal, 9-1º C. Viveiro.

Acto de notificación: resolución do expediente sancionador.