Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de outubro de 2013, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente C-106-CD/67, conta 57.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, e logo de comprobarse a desocupación da vivenda, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 10 de outubro de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-106-CD/67, conta 57 (desafiuzamento non ocupación 4/13).

Interesado: Pedro Botana Vilela e outros.