Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43939

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de policía local.

Por Resolución do 4 de outubro de 2013 aprobáronse as bases específicas e a convocatoria das seguintes prazas incluídas na OEP 2013:

Dúas (2) prazas de policía, escala Administración especial, subescala servizos especiais e clase Policía Local.

Procedemento selectivo: concurso por mobilidade.

Data de publicación das bases no BOP da Coruña: 15.10.2013.

Prazo de presentación de instancias: vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP da Coruña, cando proceda en cada caso, e no taboleiro de anuncios do concello.

Carballo, 15 de outubro de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde