Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2013/15-2, 8098 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: ampliación e reforma de CT Casás.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: CT Casás en edificio non prefabricado; comprende a construción de edificio anexo, no cal se realiza un foso de recollida de aceite, tapas, canles interiores e cortalumes no foso de recollida de aceite e a obra civil necesaria para a instalación de dous transformadores. Queda anelado entre os centros de transformación CT-2 e CT-4 da urbanización Norte H. A instalación eléctrica proxéctase para a instalación de dúas máquinas de 630 kVA, dúas celas de liña e dúas de protección. Inicialmente instálase unha máquina de 630 kVA e unha de 400 kVA, relación de transformación 20.000/400-230V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 17 de outubro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo