Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2013/29-2, 8113 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LMTS, CT Aceña Nova 18.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV consistente en anelar na liña MOF806 o CT proxectado entre o CT Praza Carude (27CT04) e o CT Reboredo (27CT67), cunha lonxitude de 474 metros, en condutor RHZ1-240.

• CT en r/ Aceña Nova, en edificio non prefabricado tipo compacto 2L/1P, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de outubro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo