Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43802

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se convocan as eleccións para a renovación do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

Con data do 15 de maio de 2013 a Dirección Xeral de Comercio, en cumprimento do artigo 25 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras de comercio, industria e navegación, e do artigo 61 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia e con base nas competencias establecidas no artigo 14 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, emitiu resolución pola que se designa a Comisión Xestora para a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo ante a imposibilidade de funcionamento normal dos seus órganos de goberno tras as baixas producidas dos membros do Pleno, incluída a do seu propio presidente.

Na reunión constitutiva do 24 de maio de 2013, a Comisión Xestora adoptou o acordo de iniciar o proceso electoral coa finalidade de restituír os órganos de goberno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo. Para tal efecto, acordouse a apertura dun prazo de 15 días naturais para que os empresarios e comerciantes da demarcación territorial manifestasen a súa vontade de adscrición ao censo, e anunciouse no Diario Oficial de Galicia do 5 de xuño de 2013, en medios de comunicación e na páxina web da propia Cámara.

Con data do 2 de setembro de 2013, a Comisión Xestora acordou expoñer o censo electoral durante un prazo de vinte días naturais co obxecto de dar cumprimento ao disposto no artigo 12 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Transcorrido o prazo previsto para a exposición pública do censo e logo de resolver as reclamacións presentadas, o secretario da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, con data do 28 de outubro de 2013, solicita da Administración tutelante a convocatoria de eleccións, unha vez que as vacantes existentes afectan a totalidade do Pleno cameral e dan lugar a un suposto excepcional que excede o espírito contido no artigo 61 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Por todo o anterior, logo da consulta á Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, e en uso das competencias atribuídas polo Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocar as eleccións para a renovación do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

Segundo. Para garantir a transparencia e a obxectividade do proceso electoral, constituirase unha xunta electoral na Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, na forma e coa composición e competencias previstas na Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, e no Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia. A xunta electoral terá a súa sede no domicilio social da devandita cámara.

Terceiro. As candidaturas elixibles por sufraxio do electorado presentarán escrito no rexistro da cámara respectiva durante os quince días seguintes á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará ás 24.00 horas do décimo quinto día, contado desde a devandita data.

Cuarto. No prazo dos quince días seguintes á data de publicación desta convocatoria de eleccións, as organizacións empresariais máis representativas presentarán ante a xunta electoral correspondente a lista das súas candidaturas.

Quinto. A elección dos vogais a que fai referencia o artigo 7.1.a).1 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras de comercio, industria e navegación de España, celebrarase para todos os grupos e categorías o 9 de xaneiro de 2014, e os colexios electorais permanecerán abertos entre as 9.00 e as 21.00 horas.

Sexto. A elección dos vogais a que fai referencia o artigo 7.1.a).2 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras de comercio, industria e navegación de España, terá lugar o 14 de febreiro de 2014, na sede da Cámara entre as 13.00 e as 14.00 horas.

Sétimo. O número de colexios electorais e os lugares onde se van instalar establécense no anexo I desta resolución.

Oitavo. A Cámara debe enviar á xunta electoral correspondente a proposta de lista de persoas electoras para seren designadas presidentes/as ou vogais das mesas electorais, conxuntamente coa lista das candidaturas presentadas e coa proposta de número de mesas electorais, no prazo que establece o artigo 39 do Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, aprobado polo Decreto 431/2009, do 19 de novembro.

Noveno. As persoas electoras que prevexan que na data das eleccións non poidan comparecer nos colexios electorais poderán exercer o seu dereito ao voto emitíndoo por correo, logo da solicitude persoal á cámara respectiva, dentro dos vinte días seguintes ao da publicación desta convocatoria, segundo o modelo normalizado que figura no anexo II desta resolución e con suxeición aos requisitos e ao procedemento sinalados no artigo 36 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, e no capítulo VIII do título I do Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Décimo. As papeletas e sobres para o voto presencial ou por correo seguirán os modelos normalizados do anexo VII. Nas papeletas indicarase, no caso de persoas físicas, os apelidos e o nome e, no caso de persoas xurídicas, a denominación social das persoas candidatas ordenadas alfabeticamente, de forma que a persoa electora marcará cunha cruz o recadro da papeleta normalizada correspondente á(s)/ao(s) candidata(s)/o(s) da súa elección. As papeletas configuradas e impresas despois da proclamación de candidatos manterán a súa validez durante todo o proceso electoral.

Décimo primeiro. Cando o número de candidatos proclamados por un grupo resulte igual ao dos membros que se deba elixir, a súa proclamación equivalerá á elección e esta non terá que efectuarse.

Décimo segundo. Co fin de garantir o adecuado exercicio do voto achéganse os modelos normalizados segundo os anexos I a IX.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2013

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio

ANEXO I

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo:

– Colexio electoral único.

– Domicilio: avenida Ramón Ferreiro, 18, 27002 Lugo.

– Demarcación: a correspondente á cámara.

ANEXO II-1
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Solicitude para a emisión do voto por correo das persoas físicas

COMPROBADA A IDENTIDADE DO PETICIONARIO:

(Data, sinatura e selo da cámara de comercio, industria e navegación)

DATOS DO ELECTOR:

Apelidos:

DNI:

Nome:

CENSO ELECTORAL EN QUE SE ATOPA INSCRITO E GRUPOS NOS CALES DESEXA VOTAR (caso de non constar grupo, enténdese que solicita o exercicio do voto por correo para todos os grupos en que figure inscrita a persoa electora):

Cámara:

Concello:

Grupo/s

EXPÓN:

Que ante a previsión de que na data da votación non poderei exercer o meu dereito persoalmente na mesa electoral correspondente, solicito que, ao amparo do artigo 34 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, se expida certificación acreditativa de figurar inscrita no CENSO ELECTORAL no/s grupo/s indicados, e se remita toda a documentación precisa para o exercicio do voto por correo, ao seguinte enderezo:

Rúa/praza etc.:

Núm.:

Piso:

Porta:

CP:

Concello:

Provincia:

En , de de 201

Asinado

Xunta:

– Fotocopia do DNI ou, se é o caso, pasaporte e o seu cartón de identidade de estranxeiro e, se é o caso, certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros.

Secretario da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

ANEXO II-2
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Solicitude para a emisión do voto por correo das persoas xurídicas

COMPROBADA A IDENTIDADE DO PETICIONARIO:

(Data, sinatura e selo da cámara de comercio, industria e navegación)

DATOS DO ELECTOR:

DATOS DA EMPRESA:

Razón social:

CIF/NIF:

Domicilio social:

DATOS DO REPRESENTANTE:

Apelidos:

DNI:

Nome:

Cargo:

CENSO ELECTORAL EN QUE SE ATOPA INSCRITO E GRUPOS NOS CALES DESEXA VOTAR (caso de non constar grupo, enténdese que solicita o exercicio do voto por correo para todos os grupos en que figure inscrita a persoa electora):

Cámara:

Concello:

Grupo/s:

EXPÓN:

Que ante a previsión de que na data da votación non poderei exercer o meu dereito persoalmente na mesa electoral correspondente, solicito que, ao amparo do artigo 34 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, se expida certificación acreditativa de figurar inscrita no censo electoral no/s grupo/s indicados, e se remita toda a documentación precisa para o exercicio do voto por correo, ao seguinte enderezo:

Rúa/praza etc.:

Núm.:

Piso:

Porta:

CP:

Concello:

Provincia:

En , de de 201

Asinado

Xunta:

– Fotocopia do DNI do representante ou, se é o caso, pasaporte, e o seu cartón de identidade de estranxeiro e, se é o caso, certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros.

– Documentos que acrediten a representación suficiente, salvo no caso de que se exhiba a tarxeta censual.

Secretario da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

ANEXO II-3
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Renuncia ao voto emitido por correo das persoas físicas

D/Dª , con DNI ,
renuncio ao voto enviado por correo, para efectos de poder votar persoalmente na mesa electoral correspondente, en virtude do artigo 34.2 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro.

En , de de 201

Asinado

ANEXO II-4
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Renuncia ao voto emitido por correo das persoas xurídicas

D/Dª , con DNI ,
en representación de , con CIF ,
renuncio ao voto enviado por correo, para efectos de poder votar persoalmente na mesa electoral correspondente, en virtude do artigo 34.2 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro.

En , de de 201

Asinado

ANEXO III
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Solicitude de tarxeta censual

DATOS DA EMPRESA:

Razón social:

CIF/NIF:

Domicilio social:

DATOS DO REPRESENTANTE:

Apelidos:

DNI:

Nome:

Cargo:

Grupo:

EXPÓN:

Solicita da secretaría da cámara a expedición da tarxeta censual, de conformidade cos artigos 8 e 9 do Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, declarando baixo xuramento que a súa representación legal ou poder suficiente está vixente.

En , de de 201

Asinado

Xunta:

– Nomeamento como representante legal ou, se é o caso, poder suficiente de acordo co previsto no artigo 7.2.

– DNI do representante.

ANEXO IV
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Tarxeta censual

TARXETA CENSUAL Nº ______

DATOS DA EMPRESA:

Razón social:

CIF/NIF:

Domicilio social:

DATOS DO REPRESENTANTE:

Nome:

DNI:

Apelidos:

Cargo:

Grupo:

D/Dª , secretario/a xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

CERTIFICO:

Que a persoa física arriba identificada manifesta que ten a representación legal da persoa xurídica igualmente identificada, para exercer o seu dereito ao voto e no resto dos trámites de acreditacion do proceso electoral para a renovación dos órganos de goberno da Cámara, convocado pola Resolución , en virtude do poder o do nomeamento que ten outorgado e que está vixente na data de expedición desta tarxeta censual.

Que o poder ou nomeamento presentado é suficiente e a súa copia, debidamente cotexada co orixinal, consta nesta secretaría xeral.

E para que conste, para os efectos previstos no Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

En , de de 201

Asinado e selado

Secretario/a xeral:

ANEXO V-1
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Presentación de candidatura da persoa física

DATOS DA PERSOA CANDIDATA:

Nome:

DNI:

Apelidos:

Domicilio:

Domicilio para efecto de notificacións:

DECLARA:

Que, constando no censo electoral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, no grupo , e cumprindo todos os requisitos legais sinalados no artigo 10 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, presento a miña candidatura a membro do Pleno da citada Corporación.

SOLICITA:

Que se considere o presente escrito, xunto coa documentación que se xunta, e se acepte a miña candidatura para o grupo sinalado.

En , de de 201

Asinado

Xunta:

– Certificación da secretaría da cámara en que conste que a persoa candidata reúne os requisitos de elixibilidade do artigo 10.

– Fotocopia do DNI ou pasaporte vixente do candidato ou candidata.

– Se é o caso, acreditación documental da concorrencia do requisito de reciprocidade.

– Escritos de apoio á candidatura.

– Sinatura do/a candidato/a autenticada mediante fedatario público, recoñecemento bancario ou certificación da secretaría da cámara, con data posterior ao comezo do proceso electoral.

Secretario da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

ANEXO V-2
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Presentación de candidatura da persoa xurídica

DATOS DA PERSOA CANDIDATA:

DATOS DA EMPRESA:

Razón social:

CIF/NIF:

Domicilio social:

Domicilio para efectos de notificacións:

DATOS DO REPRESENTANTE:

Nome:

DNI:

Apelidos:

Cargo:

DECLARA:

Que, constando no censo electoral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, no grupo , e cumprindo todos os requisitos legais sinalados no artigo 10 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, presento a miña candidatura a membro do Pleno da citada corporación.

SOLICITA:

Que se considere o presente escrito, xunto coa documentación que se xunta, e se acepte a miña candidatura para o grupo sinalado.

En , de de 201

Asinado

Xunta:

– Certificación da secretaría da cámara en que conste que a persoa candidata reúne os requisitos de elixibilidade do artigo 10.

– Fotocopia do DNI ou do pasaporte vixente do/a representante do candidato ou candidata.

– Tarxeta censual ou documentación substitutiva sinalada no artigo 25.1.c).

– Se é o caso, acreditación documental da concorrencia do requisito de reciprocidade.

– Escritos de apoio á candidatura.

– Autenticación da sinatura mediante fedatario público, recoñecemento bancario ou certificación da secretaría da cámara, con data posterior ao comezo do proceso electoral.

Secretario da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

ANEXO VI-1
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Escrito de apoio de persoa xurídica á candidatura

O abaixo asinante apoia a candidatura a membro do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo nas eleccións convocadas pola resolución da Dirección Xeral de Comercio, do seguinte candidato:

,

(Nome da persoa física ou xurídica que aparece no censo)

Grupo , de

DATOS DA PERSOA XURÍDICA QUE APOIA A CANDIDATURA:

DATOS DA EMPRESA:

Razón social:

CIF/NIF:

Domicilio social:

DATOS DO REPRESENTANTE:

Nome:

DNI:

Apelidos:

Cargo:

En , de de 201

Asinado

Xunta:

– Fotocopia do DNI ou do pasaporte vixente do representante da persoa xurídica que apoia a candidatura.

– Autenticación da sinatura mediante fedatario público, recoñecemento bancario ou certificación da secretaría da cámara, con data posterior ao comezo do proceso electoral.

Secretario da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

ANEXO VI-2
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Escrito de apoio de persoa física á candidatura

O abaixo asinante apoia a candidatura a membro do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo nas eleccións convocadas pola resolución da Dirección Xeral de Comercio, do seguinte candidato:

,

(Nome da persoa física ou xurídica que aparece no censo)

Grupo , de

DATOS DA PERSOA FÍSICA QUE APOIA A CANDIDATURA:

Nome:

DNI:

Apelidos:

Domicilio:

Nome utilizado no exercicio da actividade económica:

En , de de 201

Asinado

Xunta:

– Fotocopia do DNI ou do pasaporte vixente do elector que apoia a candidatura.

– Autenticación da sinatura mediante fedatario público, recoñecemento bancario ou certificación da secretaría da cámara, con data posterior ao comezo do proceso electoral.

Secretario da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

ANEXO VII-I
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Sobre exterior para o envío polo solicitante do voto por correo

missing image file

Especificacións:

Tamaño 162 × 229 mm.

Papel branco impreso en tinta negra.

Impresión por unha soa cara.

Solapa recta e tira de silicona.

Logotipo da Cámara nas súas cores específicas.

ANEXO VII-2
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Sobre para o envío da documentación do voto por correo

missing image file

Especificacións:

Tamaño 162 × 229 mm.

Papel branco impreso en tinta negra.

Impresión por unha soa cara.

Solapa recta e tira de silicona.

Logotipo da Cámara nas súas cores específicas.

ANEXO VII-3
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Sobre para a papeleta de votación

missing image file

Especificacións:

Tamaño 120 × 176 mm.

Papel branco impreso en tinta negra.

Impresión por unha soa cara.

Solapa recta e tira de silicona.

Logotipo da Cámara nas súas cores específicas.

ANEXO VII-4
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Papeleta de votación para sufraxio do electorado

missing image file

Información electoral:

as persoas electoras poderán sinalar na papeleta tantas persoas candidatas como número de vogais que se van elixir.

– En cada papeleta impresa debe figurar os apelidos e o nome ou, se é o caso, razón social, ordenados alfabeticamente, de cada unha das persoas candidatas proclamadas.

Especificacións:

Tamaño 110 × 150 mm.

ANEXO VII-5
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Papeleta de votación para sufraxio por proposta das organizacións empresariais

missing image file

Información electoral:

as persoas electoras poderán sinalar na papeleta tantas persoas candidatas como número de vogais que se van elixir.

– En cada papeleta impresa debe figurar os apelidos e o nome ou, se é o caso, razón social, ordenados alfabeticamente, de cada unha das persoas candidatas proclamadas. No caso de que se presente máis dunha lista de organizacións empresariais, a orde de cada unha delas na papeleta será determinada por sorteo en cada xunta electoral. No caso de que as organizacións empresariais presenten unha lista conxunta, as persoas candidatas figurarán na papeleta na orde proposta polas mencionadas organizacións.

Especificacións:

Tamaño 110 × 150 mm.

ANEXO VIII
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Acta de constitución da mesa electoral de …………………………………..

En , de de 201..., ás ...... horas, reúnense os abaixo asinantes co obxecto de constituír a Mesa Electoral para a elección de vogais do Pleno da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo do colexio electoral ……….....................………….de entre os candidatos presentados e que corresponden aos seguintes:

Grupo

Categoría

Descrición

Candidatos

Logo da acreditación da súa identidade, queda constituída a Mesa Electoral da seguinte forma:

Presidente/a, , con DNI nº

Vogal número 1, , con DNI nº

Vogal número 2, , con DNI nº

A continuación procédese a recibir os/as interventores/as designados/as polas persoas candidatas.

O/A presidente/a indica que se consigne na presente acta o seguinte:

Cumprida a normativa legal, o/a presidente/a declara validamente constituídas a Mesa Electoral, e acorda o inicio da votación.

O presidente O vogal 1 O vogal 2

Asinado Asinado Asinado

ANEXO IX
Eleccións 2013 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo

Acta de escrutinio da mesa electoral de …………………..............…………….. (páx. 1)

Mesa

Colexio electoral

Concello

Provincia

DATOS DE IDENTIFICACIÓN DA MESA ELECTORAL:

Data e hora de constitución da mesa electoral: ..............................................................................................

COMPOSICIÓN DA MESA ELECTORAL:

Presidente

Primeiro vogal

Segundo vogal

Interventores

VOTACIÓN

Ás ........... horas do día da data déronse por rematadas as operacións de reconto de votos, foron lidas as papeletas, en voz alta, polo presidente da mesa, co seguinte resultado global:

Nº de electores da mesa:

Nº total de votantes:

* Por correo:

* Persoalmente:

Distribución de votos:

* Nulos:

* Válidos:

* En branco:

Acta de escrutinio da mesa electoral de …………………..............…………….. (páx. 2)

Os resultados parciais por grupos e categorías son:

Grupo:

Categoría:

Nº de electores da mesa:

Nº total de votantes:

* Por correo:

* Persoalmente:

Distribución de votos:

* Nulos:

* Válidos:

* En branco:

Votos válidos obtidos por cada persoa candidata

Apelidos e nome

Votos obtidos

Acta de escrutinio da mesa electoral de …………………..............…………….. (páx. 3)

Incidencias/Reclamacións

NON

SI

O que se acredita pola presente acta que asina o/a presidente/a da Mesa cos/as vogais integrantes e as persoas interventoras.

En , de de 201

Presidente Vogais Interventores

Asinado Asinado Asinado