Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43800

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 31 de outubro de 2013 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 21 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva para o fomento e implantación da metroloxía legal nos abastos públicos da Comunidade Autónoma galega a través de entidade colaboradora e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (IN655I).

O día 31 de maio de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 21 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva para o fomento e implantación da metroloxía legal nos abastos públicos da Comunidade Autónoma galega a través de entidade colaboradora e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (IN655I).

No artigo 3 da Orde do 21 de maio de 2013, establécese como data límite para a presentación de solicitudes o 15 de novembro de 2013. As dificultades que nalgúns casos están a ter os solicitantes para reuniren a documentación complementaria requirida está a dilatar os prazos que inicialmente se estimaron, e considérase, por tanto, necesario ampliar o prazo de presentación de solicitudes sen que con iso se cause prexuízo a terceiros ao tratarse dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase ata o día 30 de novembro de 2013 (inclusive) o prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro da Orde do 21 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva para o fomento e implantación da metroloxía legal nos abastos públicos da Comunidade Autónoma galega a través de entidade colaboradora e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (IN655I).

O anterior enténdese salvo que se produza o suposto de esgotamento de crédito previsto no artigo 1 das bases reguladoras. Neste caso, informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da Consellería de Economía e Industria.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía e Industria