Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43729

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (421/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 421/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana María Bonome López contra a empresa Bogar Asistencia, S.L., Galicia Saudade, S.L., Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L., Fogasa, Concello de Sada, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 545/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 421/2013.

Demandante: Susana María Bonome López.

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandados:

Galicia Saudade, S.L.

Letrado:

Administrador Concursal de Galicia Saudade, S.L.

Bogar Asistencia, S.L.

Letrada: Sra. Segura Espinosa.

Concello de Sada.

Letrado: Sr. Torres Jack.

Fogasa.

Sentenza 545/2013.

A Coruña, 15 de outubro de 2013.

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Susana María Bonome López contra a empresa Galicia Saudade, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no ordinal segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A dita opción deberá exercerse en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no ordinal anterior, son os seguintes:

En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 5.224,86 euros.

En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 43,45 euros/día.

3º. No caso de que o empresario opte pola readmisión, o traballador deberá reintegrar a indemnización que se puido recibir unha vez que fose firme a sentenza; para o caso de que se opte pola extinción da relación laboral, deberá compensarse a indemnización eventualmente recibida polo traballador coa que se fixou nesta sentenza.

4º. Desestimo a demanda interposta por Susana María Bonome López contra Bogar Asistencia, S.L. e o Concello de Sada e absólvoos de todos os pedimentos formulados fronte a eles.

5º. O Fogasa e a Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L. deben aterse ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo. Xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de outubro de 2013

A secretaria xudicial