Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (17/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 17/2013, por instancia de Manuel Ángel Romero Arcos contra a executada Lamela Pérez, S.L. e Manuel Lamela Pérez, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 18 de outubro de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 15.181,01 euros de principal, máis 1.518,10 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

A secretaria xudicial