Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (41/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución 41/2011 e acumulados seguidos neste xulgado, sobre ordinario, por instancia de José Abuín Figueira, Ricardo Manuel Ageitos Luaces, Francisco Mourelos Vilas e Eurico Droguete Pereira dos Santos contra Transportes Nospima, S.L., en reclamación de 100.645,02 euros de principal, máis 1.871,77 euros de xuros de demora e 10.064,08 euros que se calculan para xuros, gastos e custas, acordouse por resolución do día da data sacar a poxa pública polo prazo de vinte días os bens embargados á parte executada, que logo se indicarán, e sinalar para a celebración da poxa o día 13 de decembro de 2013 ás 10.30 horas, na planta 2ª do Edificio dos Xulgados, sito na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá polas seguintes condicións:

a) Que os licitadores, a excepción do executante, para tomar parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 5076 0000 64 0041 11 no Banesto, o 5 % do valor do vehículo para os efectos de poxa, cantidades que se devolverán, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consigne o resto do prezo, e deberá consignar así mesmo no devandito xustificante, se é o caso, se recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

b) Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, facendo o depósito ao que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa, e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

c) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores, podendo mellorar as posturas que se fixeren, sen necesidade de consignar cantidade ningunha.

d) Que poderán facerse ofertas superiores ao 70 % do valor do vehículo para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

e) Para o caso de que se fagan ofertas e non superen o 50 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade pola que se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

f) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

g) A certificación rexistral e, se é o caso, a titulación do ben que se poxa estarán de manifesto na Secretaría deste xulgado.

h) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

i) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e que, polo só feito de participar na poxa, o licitador os admite e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicar ao seu favor.

j) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, publicarase no DOG e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existentes e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación para todos os efectos ás partes.

Bens obxecto de poxa:

1. Un único lote formado polos seguintes bens:

– R4808BBV, marca Samro, modelo descoñecido, tipo semirremolque caixa, número de bastidor VK1ST39MHRA504119; con data de matriculación o 28.7.2005.

– R4810BBV, marca Samro, modelo descoñecido, tipo semirremolque caixa, número de bastidor VK1ST39MHRA504118; con data de matriculación o 28.7.2005.

– R4811BBV, marca Samro, modelo descoñecido, tipo semirremolque caixa, número de bastidor VK1ST39MHRA504117; con data de matriculación o 28.7.2005.

• Taxación do lote para poxa: 15.000 euros.

Os vehículos encóntranse depositados na nave sita en polígono industrial da Picaraña no concello de Padrón (A Coruña), na persoa de Mª Carmen Piñeiro Marín, en calidade de administradora solidaria. Faise saber ao adxudicatario ou adxudicatarios destes que os gastos de depósito, se é o caso, serán pola súa conta.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013

A secretaria xudicial