Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade O programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013 (o importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, nun 80 %, no eixe 5, asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 86).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 01/2013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19316

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade O programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 149, do 6 de agosto de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41€), IVE excluído.

5. Formalización:

a) Data: 18 de outubro de 2013.

b) Contratista: Reclam Publicidad Marketing y Artes Gráficas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

P.D. (Orde do 9 de xaneiro de 2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio