Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a trámite de información pública o expediente de regularización da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3216; XG-360, Lalín-Pontevedra, con anexos, de Donado Campos, S.L.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de regularización da concesión V-3216; XG-360, Lalín-Pontevedra, con anexos, de Donado Campos, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediate a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es

Pontevedra, 7 de outubro de 2013

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra