De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase a Laura Carolina Martínez Garnacho para ser notificada por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, número 2, 7º andar, Edificio Administrativo de Monelos, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (Sección de Nóminas).
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 21 de outubro de 2013
Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña