Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 21 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a Bruno Fraguela Villar para ser notificado por comparecencia en materia de reintegro de pagamentos indebidos.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase a Bruno Fraguela Villar para ser notificado por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, número 2, 7º andar, Edificio Administrativo de Monelos, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (Sección de Nóminas).

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 21 de outubro de 2013

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña