Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013093AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 23 de setembro de 2013, a xefa territorial de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2013093AL-OU incoado a Manuel Rebollido Romero.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Manuel Rebollido Romero o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco. Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de outubro de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2013093AL-OU.

Interesado: Manuel Rebollido Romero.

DNI/NIF/CIF: 44832541K.

Último domicilio coñecido: Urbanización Satán, 5, Allariz.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/04, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: mil euros (1.000 euros).