Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43684

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de outubro de 2013 pola que se dá publicidade aos Premios da Cultura Galega 2013.

A Orde do 12 de xuño de 2013, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convocou para este ano os Premios da Cultura Galega creados pola Orde do 24 de setembro de 2010. O seu obxecto é distinguir persoas ou entidades con traxectoria nos distintos eidos da creación, conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión do capital intelectual tanto na Comunidade Autónoma coma no exterior.

De acordo co disposto no artigo 6 da devandita orde, a decisión do xurado coa concesión dos premios farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Polo tanto, de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Dar publicidade á decisión do xurado que na reunión do 28 de outubro de 2013 acordou conceder os Premios da Cultura Galega 2013 ás seguintes candidaturas:

Premio Cultura Galega de Letras: Luz Pozo Garza.

Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Fundación Eugenio Granel.

Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Mostra de Teatro de Ribadavia (Abrente-MIT).

Premio Cultura Galega de Música: Juan Durán Alonso.

Premio Cultura Galega de Audiovisual: Bambú Producciones.

Premio Cultura Galega de Lingua: Asociación Punto Gal.

Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural: Museo Castro de Viladonga.

Premio Cultura Galega de Proxección Exterior: Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria