Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43594

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2013 pola que se convoca un proceso selectivo para a contratación dun técnico medio para o Proxecto de cooperación Heems.

En exercicio das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Reitoría da Universidade de Vigo convoca un proceso selectivo para a contratación dun técnico medio para o Proxecto de cooperación Heems.

A información completa pode consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/index.html, así como nos taboleiros de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio da Xerencia; Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo) e dos rexistros auxiliares dos Campus de Ourense (Edificio Administrativo; Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal; Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial; rúa Torrecedeira, 86). Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos) ou do correo electrónico consultapas@uvigo.es

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de novembro de 2013.

Vigo, 30 de outubro de 2013

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo