Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43592

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 22 de outubro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 28 de agosto de 2013 (DOG nº 172, do 10 de setembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 28 de agosto de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino, o funcionario está gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO I

Apelidos e nome: Orejas Fernández, Jesús Javier.

NRP: 0973644002 A2067.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia-escala de veterinarios.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Sanidade Animal.

Código: MR.303.00.001.15770.016.

Nivel: 28.

Dependencia: Subdirección Xeral de Gandaría-Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

Localidade: Santiago de Compostela.