Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43591

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 10 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se empraza a Francisco Javier Alonso González para ser notificado por comparecencia.

Tentada, por dúas veces, a comunicación de información sobre obrigas a Francisco Javier Alonso González, a través do servizo de Correos no domicilio particular que consta na Dirección Xeral da Función Pública, esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo por ausente na repartición e non retirado no primeiro envío e por descoñecido/a no segundo.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 59.5, en conexión co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase a Francisco Javier Alonso González, para ser notificado da comunicación por comparecencia.

A comunicación que se pretende notificar foi adoptada pola Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a comunicación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública