Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43595

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (675/2011).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 675/2011 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SB Industrial y Comercial, S.L., José Antonio Castro Maquieira, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria: María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 16 de outubro de 2013.

Considérase corrixido o defecto de falta de aboamento das taxas xudiciais e, en consecuencia, considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina presentado o día 6 de setembro de 2013 polo letrado Celestino Barros Pena, en representación de José Antonio Castro Maquieira, fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala; emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Pontevedra que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto, sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

A secretaria xudicial