Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (50/2013).

Neste procedemento seguido por instancia de Acción Anuncios, S.L. contra Lisardo Iglesias Mariño ditouse sentenza 50/2013, do 21 de marzo, que en extracto dispón:

– Estimar integramente a demanda interposta por Acción Anuncios, S.L.

– Condenar a Lisardo Iglesias Mariño a satisfacer a Acción Anuncios, S.L. a cantidade de 13.285,05 euros, máis xuros legais desde a interpelación xudicial e xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento.

– Imporlle expresamente a Lisardo Iglesias Mariño as custas causadas.

– Modo de impugnación: recurso de apelación que se interporá perante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

E atopándose o dito demandado, Lisardo Iglesias Mariño, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 10 de xullo de 2013

A secretaria xudicial