Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43661

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente 19/2008.PMP de modificación puntual das normas subsidiarias para corredor de infraestruturas eléctricas.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2013, acordou aprobar inicialmente o expediente 19/2008.PMP de modificación puntual das normas subsidiarias para corredor de infraestruturas eléctricas, tramitado de oficio segundo proxecto asinado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

Así mesmo, acordou a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado pola delimitación dun solo que agora se cualificará como solo rústico de especial protección de infraestruturas cunha rectificación do trazado das bandas de sistema xeral e as súas zonas de protección asociadas ás liñas de alta tensión, que parte da central térmica en dirección leste, a modificación do tramo entre a vía que rodea o encoro do Rexedoiro, pola súa marxe dereita, e a estrada AC-552 A Coruña-Fisterra, e a habilitación dun novo corredor que enlaza co primitivo nos dous extremos (encoro do Rexedoiro-estrada AC-552).

En virtude do disposto polo artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións, que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido (no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral os sábados, das 9.30 ás 13.30 horas) e presentar alegacións se o consideran oportuno.

Arteixo, 3 de outubro de 2013

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo