Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43662

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO de información pública sobre o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para modificación do proxecto de ordenación do medio rural no ámbito do espazo coñecido como xardíns do Gran Hotel.

O 17 de outubro de 2013 foi negociado e subscrito o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a modificación do proxecto de ordenación do medio rural de Mondariz-Balneario no ámbito do espazo coñecido como xardíns do Gran Hotel. De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado, nas dependencias municipais do Concello de Mondariz-Balneario, por calquera interesado, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Mondariz-Balneario, 17 de outubro de 2013

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde