Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se declara deserta a licitación do expediente AB-EIP1-13-012 do servizo de vixilancia e seguridade dos hospitais Montecelo, Provincial e O Salnés.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-13-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade dos hospitais Montecelo, Provincial e O Salnés, centros dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés. Lote: único.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000-2; 79710000-4.

d) Medio da publicación do anuncio da licitación: DOG.

e) Data da publicación do anuncio de licitación: 27.8.2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.259.421,50 euros.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 514.049,59 euros.

b) Importe total: 622.000,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data da resolución da declaración: 7 de outubro de 2013.

b) Contratista: deserto.

Pontevedra, 7 de outubro de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés