Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se resolve o recurso de alzada interposto por Jorge Ricaurte Calles Vanegas contra a resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra recaída no expediente en materia de xogo.

Con data do 24 de setembro de 2013, o titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación non foi posible practicala por vir devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Data e sentido da resolución do recurso de alzada

RA/XP/2013/11

Jorge Ricaurte Calles Vanegas

Avda. de Fragoso, 58, baixo

Vigo

Cafetería Jormary

24.9.2013

Desestimatoria