Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 16 de outubro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-00416-O-2013 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Son informados de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 16 de outubro de 2013

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último domicilio coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00416-O-2013

9801-BMZ

Garda Civil

2703 Q16547Q

José Manuel Blanco López

34263741C

Huertas, 23, 27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Non levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos.

15.2.2013; 12.33; LU-546; 37.000

Artigo 142.24.2 LOTT,

artigo 199 ROTT

Artigo 143.1.a) LOTT, artigo 201 ROTT

100 euros

LU-01537-O-2013

6487-GRP

Garda Civil

2701 N03815F

Transportes Arrive Is S-20, S.L.

B70302815

Isaac Peral-pol. O Espírito Santo, 4B, 15650 Cambre (A Coruña)

Minoración superior ao 20 % e inferior ou igual ao 50 % nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 6 horas a 4 horas e 30 minutos.

12.6.2013; 8.57; A-6; 479,00

Artigo 142.25 en relación co artigo 141.6 LOTT,

artigo 198.6 ROTT

Artigo 143.1.k) LOTT, artigo 201.1.k) ROTT

400 euros