Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 21 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente RA/M/2013/00131).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a solicitude de acreditación da representación do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Como nos escritos de interposición dos recursos non quedan suficientemente acreditadas as representacións dos recorrentes, requírese, a teor do disposto nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que acrediten a persoa que represente as ditas entidades por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, de conformidade co artigo 32 do mesmo corpo legal.

De acordo co exposto, poderán acreditar a representación mediante documento público, documento privado con sinatura notarial lexitimada ou mediante declaración en comparecencia persoal dos interesados.

Polo que se require para que, a teor do disposto nos artigos 70, 76 e 110 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, nos acrediten a representación que din posuír, con expreso apercibimento de que, de non facelo así, se procederá ao arquivamento dos ditos escritos sen máis trámite.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Feito sancionado

Datos da denuncia: data, hora, estrada, p.q.

RA/M/2013/00131

XC-02821-O-2011

2014-BC0/NA-04860-R

Garda Civil 1503 N41519R

Transportes Oza, S.L.

Circular cun camión carecendo das follas de rexistro do aparello de control e non presentar certificado de actividades nin xustificar as xornadas.

18.10.2011; 17.30; AP-9; 1-M