Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43389

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (13/2013).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 13/2013-MAY seguido por instancia de Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radiotelevisión de Galicia contra Radiotelevisión de Galicia, S.A., People Trabajo Temporal ETT, S.A. (agora Sesa Star España ETT, S.A.), Sesa Start España ETT, S.A.U. (actualmente Unique ETT Interim, S.A.U.), People Galicia ETT, S.L., P&P Azafatas, S.L., Azanova Pardo, S.L. (antes Azanova Aruna, S.L.), AZFS Inova, S.L., María del Rosario Porto Fraga, Servicios Personalizados, S.L., obre outros dereitos laborais, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo ter por desistidas a CRTVG e a TVG, parte recorrente en suplicación nestas actuacións, e declarar a firmeza da resolución do 30.3.2012 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela nos seus autos número 254/09.

Déase o destino legal ao depósito e á cantidade de condena.

Notifíquese esta resolución ás partes e unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Faise saber ás partes que contra esta resolución poderán interpoñer no prazo de cinco días recurso de revisión ante esta sala, coa advertencia de que de non ter a condición de traballador ou beneficiario da Seguridade Social deberá acreditar, ao tempo de interpoñerse o ingreso na conta de depósitos e consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552 0000 31 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano), da cantidade de 25 euros».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación a Servicios Personalizados, S.L. e AZFS Inova, S.L., expido o presente edicto.

A Coruña, 15 de outubro de 2013

A secretaria xudicial