Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de outubro de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 19 de setembro de 2013 ditada no expediente sancionador da Coruña AC-83/13, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non se puido practicar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpor recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) Publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) Publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 21 de outubro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-83/13.

Denunciado: João Pedro Marqués de Araújo.

NIE: X9843597B.

Establecemento: O Cuco.

Enderezo: estrada DP-9203, km 1, lugar de Castrelo, s/n.

Localidade: Vimianzo.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letra b) da Lei 7/2011.

Resolución: 19 de setembro de 2013.

Sanción: multa de cento cincuenta euros (150 €).