Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43356

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

De conformidade co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e en cumprimento do establecido no artigo 8.3 do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, na redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio, e segundo o establecido no Decreto 261/1992, do 17 de setembro, polo que se amplía a composición da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocar a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que terá lugar o vindeiro 15 de novembro, ás 10.00 horas, na cidade de Santiago de Compostela.

Segundo. A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o 15 de novembro de 2013, ás 10.00 horas, na cidade de Santiago de Compostela.

1. Constitución da comisión.

2. Balance das actuacións da Secretaría Xeral da Emigración no ano 2013.

3. Presentación do documento de liñas básicas do decreto sobre os órganos de representación do Consello de Comunidades Galegas.

4. Informe sobre as liñas de axudas e subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para o ano 2014.

5. Rogos e preguntas.