Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43334

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública para legalización de taller artesanal de reparación de maquinaria agrícola.

Ramón Fernández Engroba solicitou desta alcaldía licenza municipal para legalización de taller artesanal de reparación de maquinaria agrícola que se situará no Outeiro (Pousada). Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Pastoriza, 23 de outubro de 2013

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde