Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43335

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a subministración de libros para a biblioteca municipal deste concello.

Mediante Decreto da Alcaldía do 14 de outubro de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 47/13).

2. Obxecto do contrato: subministración de libros para a biblioteca municipal.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 24.000 € (19.834,71 € + 4.165,29 € en concepto de IVE) e un prazo de execución de 2 anos (porrogable anualmente durante 2 anos máis).

5. Garantías: non se exixe, de conformidade co establecido no artigo 95 do TRLCSP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúan antes do pagamento do prezo.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil de contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 14 de outubro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde