Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43328

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a instalación dun CEIP nunha parcela dotacional.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o 7 de outubro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a localización dun CEIP nunha parcela dotacional do contorno do Rego de Trabe, elaborado polo arquitecto Ángel Luís Monteoliva Díaz, e promovido por este concello.

Segundo. Someter o documento inicialmente aprobado a información pública por prazo de vinte (20) días hábiles o que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

Terceiro. Remitir certificación do presente acordo xunto cun exemplar do documento aprobado inicialmente ao Ministerio de Fomento (Demarcación de Estradas do Estado en Galicia) e Augas de Galicia».

Culleredo, 15 de outubro de 2013

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP número 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo