Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43329

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de inspector principal da Policía Local.

No Boletín Oficial da provincia número 154, do día 14 de agosto de 2013, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de inspector/a principal da Policía Local.

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 23 de setembro de 2013

José Manuel Rey Varela
Alcalde