Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43327

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de información pública sobre construción dun edificio comercial para supermercado de alimentación e dun aparcadoiro no parque empresarial.

Mercadona, S.A., co CIF A46103834, solicitou deste concello a licenza de obras e a licenza de actividade e apertura para a construción dun edificio comercial para dedicar a supermercado de alimentación e construción dun aparcadoiro, situado en Xallas, parcela 36-37 do parque empresarial de Cee. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o dito expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días a partir da publicación do último anuncio, ben no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poidan examinar o expediente nas oficinas municipais as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan alegar o que consideren oportuno.

Cee, 21 de outubro de 2013

Zaira Rodríguez Pérez
Alcaldesa